sábado, 7 de abril de 2018

Abecedari de la independencia

Calafell Roser; Abecedari de la independencia, Barcelona: La Galera, 2014, [24 pp.]
ISBN (9788424653378).


Breve descrición do formato e contido.  

Neste álbum ilustrado de forma cadrada e con encadernación rústica,
séguese a orde das letras do abecedario (do A ó Z) para que as cativas e cativos coñezan
as palabras máis identificativas do proceso soberanista de Cataluña:
Asamblea, Democracia, Estreleira, Referendum, Urnas etc.  
Trátase dunha obra cun carácter lúdico que nos aproxima ao momento histórico que estamos vivindo,
tanto dende o texto escrito en catalán como das ilustracións que nos axudan de forma significativa
a recoñecer as palabras vinculadas co soberanísimo.


Potencialidades educativas.

Dende un enfoque didáctico relaciona as palabras máis salientables do proceso coas súas
correspondentes letras. Acércase á realidade histórica do país, causando unha indentificación
cos seus símbolos como é a estreleira.
Tamén dá a coñecer as diferentes formas de goberno como é a República e a Democracia e,
por último, os mecanismos que teñen os cidadáns dun país para loitar polos seus dereitos
(manifestación-urnas).



Recursos de interese.

Este libro tivo moitas críticas dende o Estado español, por considerar que fomenta a apoloxía
independista. Algunhas delas poden consultarse en A3 Media
https://www.youtube.com/watch?v=C3_HMGhgmE8

Etiquetas.

Álbum ilustrado, Abecedario, Soberanismo, Cataluña, La Galera, Roser Calafell, Tema tabú.


Autoría:
As vangardas (Samantha Mulloni, Cristina Martínez Piñeiro, Raquel Órdoñez, Luis Lois Carro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario