lunes, 26 de marzo de 2018

Aitor tiene dos mamás

Mendieta María José, Aitor tiene dos mamás, ilust. Mabel Piérola, Barcelona, Editorial Bellatierra, 2006, [36pp]. (ISBN: 84-7290-309-5)



Breve descrición do formato e contido. Este álbum literario versa sobre a normalización das familias formadas por unha parella do mesmo sexo, a través da visibilización da diversidade familiar. Nel recóllese a historia de Aitor, quen ten dúas mamás. Un día celebra o seu aniversario mais o seu mellor amigo non asiste, por ter unha familia homoparental. Isto créaralle un conflicto persoal que terá como resultado unha forte tristura ata que coñece máis nenos e nenas con familias moi diversas. Apreciase a incomprensión da xente que vive no pobo, xa que o apartan da sociedade polo feito de pertencer a unha familia homoparental.

Esta historia de estrutura lineal, cun plantexamento, nó e desenlace, presentase a través dun texto correcto e sinxelo, con letra grande que ocupa toda a páxina. Atopamos unha voz narrativa en terceira persoa, de carácter contextualizador, que se entrecruza coas intervencións das diferentes personaxes, que sosteñen unha gran carga expresiva nas súas intervencións. Todo isto ofrece detalles e aspectos que enriquecen a historia contada por un narrador heterodiexénico que expresa os sentimentos do protagonista. A obra está editada nun formato de tapa dura e, desde a cuberta, xa se anuncia o contido da obra, ademais aparecen reflexados as personaxes centrales.
No interior da obra de tipo social rexistrase as ilustracións, de gran tamaño, que polo xeral ocupan toda a folla e represéntanse dende diferentes planos con cores cálidas.  As  personaxes reais teñen cara redondeada que transmite dozura e de gran carga expresiva. Notandose nas ilustracións a tristura que esta situación causa no protagonista sentíndose  “raro”. Os debuxos son complementarias xa que nos transmite as emocions do protagonista sen texto ningun.

Potencialidades educativas. Aitor representa un caso dun neno que ten dúas mamás, polo que este álbum pode servir de axuda a moitos docentes para explicar a diversidade familiar no último curso de infantil ou en primaria, é dicir, podería considerarse un libro de fronteira. A través da historia pódese traballar o respecto polo outro, os distintos núcleos familiares e sobre todo a importancia da diversidade.
Coa historia manifestase como as faltas de respecto fan sentir a persoa afectada así como o rexeitamento a aquelas que non seguen o canon marcado pola sociedade. Isto facilita que o lector empatice co protagonista propiciando que se muden pensamentos cara outros máis cívicos a par que coñeza e  respecte a diversidade familiar.

Grupo conflitos persoais: ( Nuria Castiñeira Rodriguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa,  Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal )


No hay comentarios:

Publicar un comentario