jueves, 29 de marzo de 2018

Avós

Heras, Chema. Avós, ilust. Rosa Osuna, Pontevedra. Kalandraka,col. Demademora, 2002, [38 pp.] (ISBN: 84-8464-533-9)

Descrición do contido textual e visual: A encadernación deste conto ten un formato rectangular e as cubertas son de tapa dura. Na na parte inferior dereita da cuberta observamos o debuxo dunha parella de anciáns agarrados das mans con moito sentimento, mentres que o título aparece na súa parte superior. O debuxos dentro do conto ocupan as dúas páxinas e o texto aparece case sempre centrado. O texto caracterízase por ter unha estrutura acumulativa e o seu discurso sobresae pola poeticidade lograda pola reiteración de certas estruturas. As ilustracións enriquecen moito a historia, xa que transmiten o que se le e incluso o amplifican dándolle maior consistencia. O conto narra a historia de Manuel e Manuela, unha parella de vellos, que aceptan o paso dos anos con naturalidade. Este conto recibiu o Premi Llibreter 2003, entre outros recoñecementos.


Potencialidades da obra para educación infantil: A través desta historia se transmiten valores como o amor e aceptación dun mesmo e dos seres queridos. Tamén se trata a autoestima.

Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba).

No hay comentarios:

Publicar un comentario