Mostrando entradas con la etiqueta Ángels Frabregat. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ángels Frabregat. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de abril de 2018

Flips no entiende el mundo cuando los padres se separan

Randerath, Jeanette y Sonnichsen Imke , Flips no entiende el mundo cuando los padres se separan, Trad: Ángels Fabregat, Barcelona, Editorial Zendrera Zariquiey , 2010, Idioma Castelá , 26 pp, (ISBN 978-84-8418-389-1)

Breve descrición do formato e do contido da obra. Se desexa traballar a temática do divorcio este é un álbum literario ideal de tapa branda. Flips é un can que non entende o mundo dende que os seus pais se separaron. Eles non facían mais que berrar, isto facía que sempre se puxera triste, expresando así os seus sentimentos e emocións, pensando ademais, que era pola súa culpa. Xa non xogaba con ninguén ata que aparece Bruno, este é outro can que comeza a contarlle unha pequena historia, que de casualidade é moi parecida ao que lle está a ocorrer a Flips. Ao final son dous cans que teñen unha historia en común, posto que é a separación dos seus pais. Flips despois de falar con Bruno conseguiu ter unha mellor perspectiva do problema, dándose de conta de que el no era o culpable da situación, polo que comezou a xogar cos seus amigos cunha gran actitude positiva.
A obra está escrita en letra grande e minúscula, cuxa voz narrativa en primeira e terceira persoa presenta ós protagonistas, introduce o conflito e pecha a historia. Destaca a presenza do campo semántico relacionado co tamaño e ademais antitéticos (pequeno/grande, xóven/vello..).
Por outro lado, os roles e estereotipos tradicionais están presentes durante toda obra, apreciándose ilustracións de gran tamaño coa presenza dos animais, os cales acentúan a riqueza visual do conto. As veces as imaxes ocupan a folla enteira e outras non, xa que son mesturadas có propio texto. Son debuxos realistas, que teñen unha función paralela e complementaria con cores vivas e frías. De feito, nas páxinas onde se fala dos recordos aparecen difuminadas con cores escuras. En canto as características físicas,  Bruno ten no seu rostro trazos de vellez mentres que Flips todo o contrario.

Potencialidades educativas. Con este conto podemos facer unha aproximación á temática do divorcio, xa que non é un tema fácil de comprender e sobre todo en idades temperás, aínda que sábese que a través dos conto todo é mais fácil de transmitir. É un conto de gran utilidade tanto para as crianzas, docentes e proxenitores. As veces moitos nenos ou nenas séntense culpables da separación dos seus pais, polo que neste conto axuda a eliminar esa idea, erradicando o sentimento de culpabilidade. Ademais a través desta historia pódese traballar certos valores, sobre todo a empatía, xa que fai poñerse ao lector na pel dos protagonistas.
Esta historia contribúe tamén a transmitir actuacións adecuadas coas fillas e fillos en caso dunha situación coma a de Flips, así como eliminar certas conductas no favorecedoras, nas que as veces os adultos non son conscientes da presencia dos pequenos e pequenas cando se produce a discusión, polo que  pode repercutir de maneira negativa na vida social e afectiva do neno e da nena.
Finalmente, este álbum literario ten unha gran potencialidade xa que grazas a el, os nenos e nenas pódense identificar coa situación que lle está a ocorrer ao can Flips, sen sentirse angustiados/as por ser o único neno/a nesa situación, potenciando así tamén a erradicación do sentimento de culpabilidade.

Grupo conflitos persoais. (Nuria Castiñeira Rodriguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa,  Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal )