viernes, 4 de mayo de 2018

El señor muerte en una avellana



Maddern, Eric, El señor Muerte en una avellana, traducido por: Almudena Frutos, Barcelona: Editorial Blume, 2007, [26 pp.], (ISBN 978-84-9801-166-1)

Breve descrición do formato e do contido da obra. Esta álbum ilustrado narra a historia de Jack, quen de súpeto un día encontra a súa nai a piques de morrer. Cando sae a pasear atópase co Señor Morte e tras loitar con el méteo no buraco dunha abelá e lánzao ao mar para que non volva a molestar a súa nai. Ao chegar á casa Jack encóntrase con que a súa nai está recuperada pero pouco a pouco vaise encontrando diferentes situacións na vida cotiá que lle demostran a necesidade da morte para a vida.

O álbum é de tapas duras, forma rectangular e follas brandas. A cuberta mostra unha das paisaxes nas que descorre a historia e a contracuberta da unha pequena mostra ilustrativa e textual sobre o que se pode atopar no interior do libro. Esta obra presenta un discurso textual moi mesturado coas imaxes, sendo ambos compañeiros no desenvolvemento da historia. As imaxes son amplas e ocupan a totalidade das follas e a letra varía na súa forma xa que dependendo da imaxe que a sosteña pode debuxar ondas ou formar parte dun camiño, entre outras. A tipoloxía da letra é sinxela para a lectura dos nenos e nenas. O discurso textual basease nunha narración en terceira persoa coa introdución de pequenos diálogos o que fai que a lectura da obra sexa amena. O narrador é omnisciente xa que coñece os sentimentos de Jack ao longo dos sucesos que lle acontecen. As imaxes de Paul Hess son realistas e moi coidadas, destacando a caracterización dos sentimentos de Jack polas súas fraccións.

Potencialidades educativas. Esta historia permite levar á aula un tema tan difícil como o da morte. O protagonista mostra medo ante ela, unha reacción que calquera neno ou nena pode ter, pero ao longo do desenvolvemento da obra axúdase a comprender a naturalidade da mesma e a necesidade que hai de que exista para o ciclo da vida, non só dando mostras nas persoas senón en animais, plantas etc. A súa vez permite traballar nas diferentes emocións coas que se encontra Jack, o protagonista, e que son claramente representadas nas ilustracións.

Autoría. Contistas (A. Martínez (P), A. Ramiro, N. Reyes, B. Sierra).

No hay comentarios:

Publicar un comentario