Varela Ben, María Matilde, Hércules
Pasea con Gloria fuertes, ilust.
Iratxe López de Munáin, A Coruña: Hércules Ediciones, falta o ano de edición,
[32 pp.], (ISBN: 978-84-92715-61-1).
Breve descrición do formato e contido: Na cuberta deste
volume de tapas brandas preséntase a protagonista da historia cando era pequena,
Gloria Fuertes, ademais de recollerse o título e os nomes da autora e da
ilustradora. Na contracuberta aparece un breve resumo do relato, no que se
mostra a Hércules de neno no Olimpo. Levado polo aborrecemento, planea viaxar
pola historia e visitar personalidades que coñeceu a través da lectura. Así descobre a Gloria Fuertes nun programa de
televisión mentres recitaba poemas. Emocionado invita a Gloria a pasear polos
recordos da súa infancia. As ilustracións son figurativas e as personaxes
aparecen con liñas redondeadas coa vontade de transmitir tenrura e simpatía,
tamén marcada pola cor das meixelas. Os rostros dos personaxes están moi traballados,
polo que a nosa atención se centra nas súas expresións, un recurso moi
interesante para traballar as emocións nas aulas. As cores son cálidas e frías
e a súa mestura convida o lector a mergullarse na lectura.
Potencialidades de la obra: Este conto
móstranos a importancia de transmitir aos nenos e nenas bibliografías de
diferentes mulleres que destacaron en calquera ámbito profesional, ademais de visibilidade
a profesións que están marcadas pola sociedade no ámbito masculino, aínda que tamén
hai mulleres que despuntan neses traballos. Sen dúbida, posibilita traballar cos
poemas de Gloria Fuertes e mesmo internarse noutros personaxes e historias do
Olimpos dos deuses clásicos.
Recursos de intereses:
Poesías para traballar na aula:
Canción con dez dedos:
Elaboración dun conto coa App Toontastic sobre un
conto ou poesías de Gloria Fuertes:
Etiquetas: Mujeeres con historia, Gloria Fuertes, poesía,
Hércules.
Autoría: Mujeres en la historia (Mª Cristina Vidal Martínez,
Andrea García Revuelta, Paula Rey Diz e Helena Lemiña Gómez).

No hay comentarios:
Publicar un comentario