martes, 8 de mayo de 2018

O Rei Ra


Suárez, Alicia, O Rei Ra, ilustr. Alicia Suárez, Pontevedra: Kalandraka, 1998, [10pp.], (ISBN: 84-923553-9-5).
  


Breve descrición do formato e contido. É este un álbum ilustrado de tapas duras . Nel predominan as ilustracións combinadas co texto, cores chamativos coma o vermello ou o verde que simbolizan a ra, e o amor que está presente ao longo de todo o relato. A linguaxe empregada é sinxela, con unha letra grande para que os nenos a poidan ler sen ningún problema.
 As ilustracións son moi sinxelas pero non necesita máis que iso porque a través de elas cóntanos o relato. É unha historia típica pero con unha distinción, en vez de ser o sapo que se converte en príncipe é unha rá. Durante todo o conto amósanos o interés da princesa pola súa pelota e o enamoramento da ra dende o principio. Tamén nos demostra que ser insistente cos teus sonos é o principal para chegar a conseguilos xa que a rá fíxose príncipe e a princesa namorouse nada máis velo.
O narrador co seu relato, amósanos que a beleza está no corazón e no interior das persoas.

Potencialidades educativas. Esta obra ten como principales potencialidades o amor, a perseveranza da ra, a amizade que existe entre os dous protagonistas, a figura paternalista do pai , a cooperación que existe entre a rá e o pai da princesa e por último aprendimos a lección de que o amor e a beleza están no corazón.

Etiquetas: perseveranza, amizade, amor, beleza.

Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).


No hay comentarios:

Publicar un comentario