miércoles, 9 de mayo de 2018

Cuentos como pulgas



Osés, Beatriz, Cuentos como pulgas, ilust. Miguel Ángel Diez, Sevilla: Editorial Kalandraka, 2013. [45pp], (ISBN 978-84-92608-74-4 )

Breve descripción do formato e contido. O libro que nos encontramos a continuación está composto de 32 micro-relatos, curtos pero moi densos. Estes micro-relatos de animais está cheo de maxia, ilusión, cariño e sobre todo dunha gran imaxinación para que o posible lector poida soñar mentras lee. A temática principal do libro é a fantasía e vanse distribuir en 4 grupos: contos de auga, contos de ceo, contos de terra e contos de noite.
As ilustracións de Miguel Ángel Díez axudan a que o lector se envolva dentro de cada relato e incremente a súa imaxinación. As ilustracións están cheas de cores moi alegres e vivos e as imaxes cheas de texturas.

Potencialidades educativas. Este conto ten unhas potencialidades educativas moi amplas xa que se poden tratar amplitude de temas. É un libro perfecto para potenciar a imaxinación e a creatividade dos nenos e nenas. Axudan a que os alumnos vexan todos dende outra perspectiva, alexadas do que é o habitual. Potencia o pensamento aberto e crítico.

Recursos de interés.
Autoría: Patricia A. Gerosa Moretti

No hay comentarios:

Publicar un comentario