miércoles, 9 de mayo de 2018

La ruta del Ratón Cartero



Dubuc, Marianne, La ruta del Ratón Cartero, ilust. Marianne Dubuc, Barcelona: Editorial Juventud, 2015,[32pp], (ISBN 978-84-261-4336-5 )


Breve descripción do formato e contido. O libro que nos encontramos a continuación ten pouca letra pero cunhas ilustracións moi detaiadas. A autora e ilustradora Marianne Dubuc utiliza as ilustracións como medio de comunicación e de transmisión os pequenos lectores.
Durante o trancurso da historia, o ratón cartero vai viaxar pola “cidade” entregando as cartas. Sen darse conta vai visitar lugares moi sorprendentes e visitará animais de todo tipo.
Como comentábamos anteriormente as ilustracións son primordiais para o desenvolvemento da obra. Son moi detaiadas e varian dependendo do animal e onde sea o seu lugar de residencia. Como por exemplo o Señor Topo que vive baixo terra ou os pingüinos e o seu iglú. Neste intre temos que destacar que o Rato sempre vai cambiando de atuendo para as diversas visitas. Ponse roupa de abrigo con fai frío ou traxe de buceo cando se mete na auga.
Libro moi orixinal para dar a coñecer os diferentes animais e como viven cada un deles. Ten unhas dimensións mais amplas de normal, xa que fan resaltar mais as ilustracións. Despois desta edición, publicáronse outros dous títulos mais: “As vacacións do Rato Cartero” e “A ruta extraordinaria do Rato Cartero”.


Potencialidades educativas. Nesta obra podemos destacar a diversidade de animais que aparecen e como viven estes. Na aula podemos tratar diversos temas como pode ser a diverdidade de animais, como vive cada un de estes animais ou coma viaxa o rato cartero para chegar nunha casa á outra. E un libro moi divertido, sobre todo para nenos de 0-6 anos. As ilustracións tan detaiadas das vivendas dos animais farán que os alumnos aprecien mellor os detalles.

Recursos de interés.
Autoría: Patricia A. Gerosa Moretti

No hay comentarios:

Publicar un comentario