lunes, 7 de mayo de 2018

La niña de la luna


Santolaya Ruiz-Clavijo, Adoración, La niña de la luna, Barcelona: Editorial S. L. Hotel papel Ediciones, 2007, [30 pp.], (ISBN: 9788493564506).

Breve descrición do formato e contido. É este un libro de tapa dura, en cuxa cuberta se poden observar a lúa e a nena protagonistas da historia. En canto ás páxinas interiores, podemos dicir que conta con grandes ilustracións de cores moi rechamantes. O texto é sinxelo e as frases riman entre si. A letra empregada é a minúscula, pero varía o tamaño e, nalgunha ocasión, tamén a cor. Polo que se refire ao argumento, nel cóntase a historia dunha nena que recorreu medio mundo ata que atopou a lúa, sendo importante o papel do vagalume que “encendeu as cores”. A nena vaise atopando con distintos animais ao longo da historia.

Potencialidades educativas. Mediante esta obra pódese facer unha aproximación tanto aos animais como ás cores. Tamén permite traballar a superación de medos e a importancia da valentía.

Recursos de interese.
Presentación do libro na PDI:

Etiquetas. Lúa, animais, cores, medos, valor.

Autoría. Alexandra Rodríguez González

No hay comentarios:

Publicar un comentario