martes, 8 de mayo de 2018

Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis


Heras, Chema, Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, ilustr. Kiko Dasilva, Pontevedra: Kalandraka, 1999, [40 pp.], ( ISBN: 978-84-9512-367-1).



    


Breve descrición do formato e contido. É este un álbum ilustrado de tapas duras de medidas 22x22 cm. Nel predominan as ilustracións combinadas co texto, imaxes que reflicten a historia de Martiño con cores azuis e verdes. Trátase dunha combinación de escuridade e esperanza para que os Reis lle traian os regalos desexados polo pequeno. Todo iso combinado cun texto que enfatiza a historia e lle dá sentido ao conto. A linguaxe empregada é sinxela e propia dun neno da idade de Martiño. É un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. O cativo deitouse cedo porque os Reis non entran na casa dos nenos que non están durmidos, pero tivo a mala sorte que lle entraron ganas de mexar a media noite. O narrador co seu relato, cheo de enxeño e humor, permítenos amosar a inxenuidade e a complexidade do pequeno.

Potencialidades educativas. Esta obra amósanos a crenza tan forte que teñen os pequenos e a perseveranza para acadar o desexado. Pódese observar con firmeza a forza de vontade do pequeno e a bondade dos Reis por entregarlle de igual maneira os regalos ao cativo, aínda que este non puidese durmir. A obediencia, a superación de medos, a prudencia e a perseveranza son outras das potencialidades do conto.

Recursos de interese.
Conto en formato dixital:

Etiquetas. Reis Magos, medos, tradicións.

Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).







No hay comentarios:

Publicar un comentario