martes, 8 de mayo de 2018

E que podo facer eu?


Campanari, José & Cisneros, Jesús, E que podo facer eu?, ilustr. Jesús Cisneros, Pontevedra: OQO, 2008, [30 pp.], (ISBN: 978-84-9871-049-6).



Breve descrición do formato e contido. Éste é un álbum literario ilustrado de tapa dura traducido ao galego por Marisa Núñez no ano 2008. O texto do conto está alternado con imaxes que describen o desenvolvemento da historia. Dito texto ten letras grandes entendibles para un cativo. Tamén conta con acoutacións en letra máis pequena que carecen de importancia na comprensión da historia, pero achegan un toque literario ao conto. Fundamentalmente as cores utilizadas son tristes e carentes de potencialidade cromática, isto móstranos as preocupacións constantes do personaxe principal. As preocupacións do protagonista van desaparecendo ao longo do conto cando se decata do que pode facer, axudar os demais. Axuda a unha veciña comprándolle o pan, xa que sofre dunha doenza, e máis tarde traslada un cativo ao hospital, dado que a nai non pode levalo por mor dos nervios etc. O protagonista consegue a paz interior que tanto anhelaba, sentíndose en plenitude consigo mesmo polo realizado.
Potencialidades educativas. Esta fermosa historia cóntanos a complexa vida das persoas empáticas. As continuas preocupacións do personaxe principal polos problemas dos demais fan del unha figura exemplar. Así os mínimos problemas dos demais quítanlle o sono e fan que actúe de maneira cooperativa, xenerosa, amable, cordial..., ata conseguir ter unhas calidades tan extraordinarias que nos serven de admiración. Outras das potencialidades educativas son a amizade, a educación e a bondade. Aspectos todos eles moi pertinentes para abordar cos máis pequenos e pequenas.

Recursos  de interese.
Conto dixital:

Etiquetas. Xenerosidade, cordialidade, cooperación, empatía, bondade.

Autoría. Xoubiñas (Nuria Mª Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes e Cristina Vidal García).

No hay comentarios:

Publicar un comentario