domingo, 22 de abril de 2018

Unha parella diferente




Kullot, D. (2007). Unha parella diferente. Vigo: Kalandraka. [32 pp.]. (ISBN:978-84-64-289-3).


 

Breve descripción do formato e do contido: Álbum ilustrado en cartoné de dimensións 23x29.8 cm, dirixido a nenos e nenas dende cinco anos. Este libro infantil presenta na súa cuberta, de tapa dura, os nosos protagonistas, a xirafa e o crocodilo, unha parexa de namorados moi diferentes entre eles. As cores das ilustracións son chamativas, destacando o amarelo e o azul. Na mesma, aparece o título do álbum en letras de gran tamaño en cor azul e o nome da autora. Na contracuberta móstrase un breve resumo do libro. As ilustracións interiores, dinámicas e divertidas, están repletas de figuras e cor, entre as que sobresaen os protagonistas da historia. A sucesión de ilustracións que percorren o longo do libro, van acompañadas dun texto claro, sinxelo, en cor negra, con simpáticos xiros lingüísticos e sobre un fondo en cores suaves, o que facilita a súa lectura. En canto ó contido, decir que o argumento do libro xira en torno a unha xirafa e a un crocodilo. Ambos namoraron en construíron unha casa e emprenderon unha vida en común. No seu fogar non había diferenzas entre eles. O problema veu cando visitaron os seus respectivos barrios. Alí, esta entrañable parella padecía as miradas, burlas e murmurios dos seus veciños. Sin importarlles as críticas, non dubidaron en axudar a unha familia que se atopaba en perigo, demostrando que a cooperación e a solidaridade están por riba de calquera diferenza.
Potencialidades da obra para Educación Infantil: Este álbum ilustrado ofrécenos a oportunidade de traballar conceptos como a aceptación das diferenzas, tolerancia, convivencia e a superación das dificultades. O libro Unha parella diferente, ofrece a oportunidade de educar en valores. Nós, como docentes debemos fomentar o respeto aos demáis e valorar as diferenzas como algo positivo.

Etiquetas: Diversidade, convivencia, amor, tolerancia, diferenzas, superación.

Autoría: Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario