Valdivia, P.
(2009). Os de arriba e os de abaixo.
Vigo: Kalandraka. [36 pp.]. (ISBN: 978-84-84646-91-4).
Breve descripción do formato e do
contido:
Álbum
infantil ilustrado, escrito en galego, de tapa dura. Presenta na súa cuberta,
ilustracións representativas do que ímos a atopar no interior do libro, en
cores suaves sobre un fondo vermello. Tamén se recolle o título do álbum en
letras maiúsculas de gran tamaño, en cor branca, e o nome da autora, en letras
pequeñas. Na contracuberta, ó igual que
na cuberta, obervase a presencia dunha línea en cor negra atravesando o
libro de un extremo ó outro, que representa a separación entre os dous mundos
(os de arriba e os de abaixo), e que será o fío conductor ó longo do álbum. As
imaxes interiores, de formas xeométricas sobre un fondo en cores suaves, fai
resaltar as imaxes. Estas, están presentes en todas as páxinas en cores chamativas,
mentres que o texto vaise intercalando (páxina sí e páxina non), excepto nas
dez e once, onde hai ausencia de texto. O texto, sinxelo e claro, redúcese a
unha e dúas frases escritas en terceira persoa. O argumento trata de dous tipos
de habitantes: Os de arriba e os de abaixo. Os de arriba viven do mesmo modo
que os de abaixo, e os de abaixo viven igual aos de arriba, pero ámbos pensan
que os outros son diferentes a eles. Pero todos son iguais pero con algunas
diferenzas.
Potencialidades da obra para
Educación Infantil: A través deste álbum podemos achegar aos
nenos e ás nenas a idea da igualdade. Non importa onde vivamos ou de onde
sexamos, xa que todos os habitantes do mundo somos iguais aínda que teñamos
alguna diferenza entre nós. Debemos fomentar, como docentes, o respeto ás
diferentes culturas, valorandoas como algo positivo.
Etiquetas: Multiculturalidade,
diversidade, igualdade, convivencia.
Autoría: Sonia Álvarez García, Mónica
Planet Márquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario