Ruano, S.
(2006). Las niñas del mundo. Ilustr,
Sara Ruano, León: Everest. [33 pp,], (ISBN: 84-241-8109-3).
Breve descripción do formato e do
contido: Este álbum ilustrado conta a historia de trece nenas.
Cada unha vive nun país diferente. Elas contan en primeira persoa as costumes e
as características principais do seu país. Tamén nos fan saber as actividades
que elas realizan na súa vida cotiá e os seus gustos. A través da obra podemos
coñecer os rasgos principais das diferentes culturas. A súa finalidade é a de
acercar aos nenos/as ás diferentes culturas e así as podan comparar coa súa
propia. O libro presenta unha cuberta e unha contracuberta con encadernación en
cartoné. Na cuberta, como figura central, presentase unha bonita ilustración
dunha nena de cor negra, mentras que na contracuberta a ilustración limítase a
un pequeño recadro na parte superior. Resaltan as expresións faciais das
personaxes con ollos e beizos moi expresivos, con formas redondeadas e de
chamativas cores. Respecto ó texto, a letra é grande e clara, o que facilita a
lectura, e describe en todo momento a imaxe á que acompaña. Este equilibrio de
imaxe e texto, moderna e colorista, resulta moi atractivo.
Potencialidades educativas: Este
álbum ilustrado, recomendado para nenos e nenas a partir de cinco anos, é unha
boa opción para traballar a diversidade e a multiculturalidade. Permítenos
traballar as diferentes características das persoas según o lugar onde vivan
(físicas, costumes, hábitos…) e así acercar aos rapaces e rapazas ás distintas
culturas para que as valoren positivamente e as podan comparar coa súa propia.
Etiquetas: Diversidade
cultural, multiculturalidade, convivencia.
Autoría: Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario