domingo, 22 de abril de 2018

La comida en el mundo




Fuller, R. (2007). La comida en el mundo, Traducción: Teresa Telleches, Madrid: SM,. [16 pp.]. (ISBN: 978-84-675-1694-4).


  

Breve descripción do formato e do contido:
O libro La comida en el mundo é un álbum ilustrado formado por dezaseis páxinas con encadernación en cartoné, dirixido a nenos/as de seis anos cara adiante. Cá imaxe presente na cuberta, de tapa dura e en cores chamativas para captar o interés do lector, podémonos facer unha idea de que vai a obra. Nela, aparecen imaxes de nenos e nenas de diferentes nacionalidades comendo a gastronomía típica do seu país correspondente. Por iso, nós como docentes, debemos potenciar o respeto polas diferentes culturas, razas, costumes, etc. Tamén está presente na cuberta o título do álbum en letras grandes ent cor negra e o nome da autora, sobre un fondo en cores amarelas e moradas. Na contracuberta, se nos mostran ilustracións representativas do álbum e un breve resumo. As ilustracións interiores son moi expresivas e manteñen a mesma gama de cores que as presentes tanto na cuberta coma na contracuberta. O texto, sinxelo e claro, xunto as fermosas ilustracións axudan ao neno/a a apreciar as similitudes e diferenzas nas comidas típicas presentes en diferentes nacionalidades. No álbum, faise un percorrido polas diversas gastronmías que podemos atopar ó longo do mundo: Londres, India, Nigeria, Japón, México e Marruecos. Cada dobre páxina mostrase a un neno ofrecendo a comida típica do seu país. Neste álbum ilustrado están presentes pezas troqueleadas para que o neno/a coloque cada comida onde corresponda seguindo os códigos de cores.

Potencialidades da obra: A través deste álbum ilustrado podemos traballar diferentes aspectos pero centrarémonos na diversidade cultural, xa que no libro aparecen nenos e nenas pertencentes a distintas nacionalidades que nos mostran a gastronomía típica do seu país. Como docentes debemos fomentar o respeto polas diferentes culturas, razas, relixións, costumes, etc, valorando positivamente cada unha de elas.

Etiquetas: Multiculturalidade, diversidade cultural, alimentación, comidas típicas.

Autoría: Prímulas. Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario