Minhós, Isabel, Para onde imos cando desaparecemos?, ilust. Madalena Matoso, trad. Anaír Rodriguez, Vigo: Xerais,
col. Infantil
y juvenil – Pequeño Merlín- Albums, 45, 2016 [48 pp.] (ISBN:
978-84-9914-962-2)

O primeiro que nos chama a atención
do libro é o título no cal aparece unha das palabras cortada, o cal moi
incomprensíbel dado que non é lóxico que un titulo este cortado a metade.
O lo longo do libro en todas as
ilustracións atopamos trazos negros de bastante grosor que atravesan espazos
amplios de branco ou outras formas de cores. Se nos fixamos con atención
dámonos conta de que os trazos negros van desde unha solapa a outra formando un
camiño a seguir que se va bifurcando o longo das páxinas e volvéndose a unir.
No referente a historia, nos
recorda algo que parece que todos esquecemos e é que nada dura por sempre, que as
cousas chega un momento que teñen que desaparecer. O libro trata de explicar de
maneira sutil algo que ningún adulto nos atrevemos a explicar os nenos de forma
aberta, a morte, pero ofrecéndolles varias posibilidades sen centrarse nunha
resposta concreta xa que cando desaparecemos…
“Podemos ir a sitios incribles
(coma os calcetíns). Podemos subir ata o ceo (coma os charcos de auga). Podemos
formar praias (coma a area). Podemos volver outra vez (coma as nubes). Podemos
no ir a ningures e quedar sempre aquí (coma o sol)”
Potencialidades educativas. Con esta obra podemos traballar cos nenos o tema da
morte, pero ademais diso tamén se poden traballar outros temas como o ciclo da
auga e a formación das nubes ou a erosión das rocas.
Autoras:
PUMA (Uxía Lojo Pouso, Andrea Martinez Costas, Paula Moares Piñeiro, Alba Nieto
da Costa, Montserrat Santibáñez Varela)
No hay comentarios:
Publicar un comentario