domingo, 22 de abril de 2018

A galiña roxa


A galiña Roxa, adapt. Pilar Martínez, ilust. Marco Soma, Pontevedra: S.L. Kalandraka editora, col. Os contos do trasno, 2012, [36 pp.] (ISBN: 978-84-8464-809-3).

Breve descrición do formato e contido. A historia é unha adaptación de Kalandraka dun conto tradicional no cal unha galiña atopa uns grans de trigo e decidiu sembralos para facer pan, durante todo o proceso vaille pedindo axuda a outros tres animais pero estes nunca poden axudala polo que ela soa cos seus pitiños.
Esta adaptación pódese atopar en seis idiomas (Galego, Castelán, Catalán, Portugués, Italiano e Inglés) e recibiu catro premios:
·         Plan Nacional de Lectura (PNL Portugal)
·         Bienal de Bratislava 2013
·         Finalista Premio “Crescere con i libri” (Italia) 2014
·         Programa Nati Per Leggere (Italia) 2015
As ilustracións están feitas con cores cálidas e ocres (vermello, amarelo e marrón maioritariamente), e os personaxes que aparecen na historia están todos humanizados, camiñan erguidos e visten roupa igual que as persoas, ademais de recrear moi ben a vida tradicional no campo. Tamén destacan na historia os enxeñosos elementos mecánicos que a galiña emprega durante todo o proceso.
A estrutura do texto é repetitiva, a galiña sempre lles pregunta os animais se lle axudan e estes sempre lle contestan que non e acaba facendo o traballo ela soa. Tamén emprega adxectivos definitorios “can lacazán”, “gato durmiñón” y “pato barulleiro” , que se reflexan adecuadamente nas ilustracións e incluso se lles acompaña de accións relacionadas co adxectivo que os identifica. Ademais diso a estrutura nos va conducindo sutilmente ata una rotunda resolución con moralexa final que se presta para a reflexión. O narrador da historia é omnisciente, coñece todo sobre os personaxes e vai explicando a acción intercalándose cos diálogos da galiña cos animais.

Potencialidades educativas. Con esta obra podemos traballar cos nenos algúns valores como a cooperación e o esforzo que son preciso empregar para obter algo, o proceso a seguir para a elaboración do pan e o papel da muller loitadora, traballadora e independente que loita polo que ela quere.

Recursos de interese.
Representación teatral do alumnado de 5 años de Educación Infantil C.E.I.P Frian- Teis
Proposta didáctica sobre a versión orixinal
Actividades en inglés :



Autoras: PUMA (Uxía Lojo Pouso, Andrea Martinez Costas, Paula Moares Piñeiro, Alba Nieto da Costa, Montserrat Santibáñez Varela)

No hay comentarios:

Publicar un comentario