domingo, 22 de abril de 2018

O libro dos medos


Canosa, Maria. “ O libro dos medos”. Ilust: Olaya Naveira. Santiago de Compostela, editora: Bolanda, 2016. [48 pp.] (ISBN : 978-84-617-4510-4)

Breve descrición do formato e contido: esta obra prensentase en formato rectangular (27x22cm), con encadernación a cartoné. Trátase dun libro que desmonta os medos comúns que a maioría dos nenos teñen cando son pequenos, como a noite, as arañas, os ruídos, os médicos... Este libro recibiu una mención no VII Premio Arume de Poesía para nenos no 2013. O álbum está escrito en prosa, componse de rimas curtas, unha rima por carilla aproximadamente. Cada rima presenta un medo. En tódalas ilustracións aparece unha neno/a ou dous/as nenos/as e o medo representado, os nenos/as poden estar asustados polo medo ou tranquilos/as. As ilustracións son cores claros e pagados, que reflexan a tranquilidades, os debuxos teñen formas sinxelas e trazo fino.

Potencialidades educativas: este libro e recomendable para os cativos do segundo de ciclo de educación infantil e primaria. Un libro  estupendo para enxeñarlle os mais cativos que non deben ter medo,  amosa a outra cara dos medos, desmontándoos para que tódolos nenos o tomen con humor e se rían deses medos que non os deixan durmir ou que os fan sufrir.

Autoras: PUMA (Uxía Lojo Pouso, Andrea Martinez Costas, Paula Moares Piñeiro, Alba Nieto da Costa, Montserrat Santibáñez Varela)

No hay comentarios:

Publicar un comentario