domingo, 22 de abril de 2018

Casas del mundo


Ledu, S. (2007). Casas del mundo. Ilustr, Vaufrey Delphine. Barcelona: Molino. [21 pp.]. (ISBN: 978-84-7871-940-2).

 
Breve descripción do formato e do contido: Este álbum ilustrado ten unhas medidas de 19x19 cm. No libro se nos conta a diversidade de casas que podemos atopar ó longo do mundo. Así, en Suecia as casas son de madeira con teitos cubertos de herba, no Himalaya as casas fanse de pedra, en Japón de barro, en Sudamérica (no lago Tticaca), constrúense con cañas. Os habitantes de Papúa Nueva Guinea, fan as cabañas enriba das árbores para protexerse dos animais salvaxes e dos seus inimigos. En China, por falta de espacio, a xente instala os seus fogares sobre a auga. Os tuaregs, en África, viven en tendas de campaña por que son pobos que se desplazan continuamente. En Asia, os mongoles habitan en yurtas redondeadas feitas con lana. Os esquimales do Polo Norte, cando van de caza, constrúen as  vivendas de ladrillos de xeo, coñecidas có nome de iglú. Este álbum ilustrado ten unha encadernación en cartoné. Na cuberta e na contracuberta, ambas de tapa dura, vemos imaxes representativas do conto (diferentes tipos de casas que se atopan no mundo) en cores chamativas para captar a atención do lector a primeira vista. O tema principal que se aborda neste álbum é a diversidade cultural, xa que os protagonistas son as casas e os seus habitantes presentes ó longo do mundo, sexan de onde sexan. Os destinatarios desta obra son nenos e nenas a partir dos cinco anos de idade. As ilustracións do interior do libro son a dobre páxina excepto a 17 e 18, e configuran unha escea conxunta en cores vivas, na que se inclúe un pequeño texto, o cal relata o que vemos nas imaxes. O texto está escrito en castelán, en letras claras e de fácil lectura.

Potencialidade educativa: Este álbum ilustrado é perfecto para traballar a transmisión de valores familiares a través da identificación de distintos tipos de vivendas pertencentes a diferentes culturas, valorando positivamente cada unha delas. A partir da lectura da obra, pódense traballar temas como a diversidade e a multiculturalidade.



Etiquetas: Multiculturalidade, realidade cotiá, diversidade.

Autoría: Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario