Van
Genechten, G. Lolo, un conejo diferente. Madrid: SM. (+3 años), 2002, [28 pp.] (ISBN: 9788467561289).
Descrición
do formato e o contido:
Lolo, un conejo diferente
preséntase coma un conto sinxelo que reflexa situacións concretas cun fondo de integración
social. Este libro está encadernado en cartoné e posúe unha tapa dura cunha
cuberta na que distínguese o principal protagonista da historia. O autor
emprega atractivas ilustracións mediante trazos de pastel e reforza o seu
contorno coa cor negra para realzar as figuras e transmitir o ton gracioso e, ao
mesmo tempo, tenro ao longo de todo o libro. O coello Lolo, inocente e amable,
síntese diferente aos outros debido a súa orella caída. Por iso intenta
remedialo a través de varias técnicas que resultan ser en balde xa que a súa
orella permanece no seu mesmo sitio, sen estar erguida. Os demais non
comprenden a súa condición, e rin a carcalladas cada vez que o ven sendo motivo
de burla en todo momento. Ante esta situación, Lolo reflexiona e conta que
tódalas persoas non ten por qué ser iguais, mesmo na súa familia encontra
exemplos disto, e conclúe que todas boas igualmente. Ó final, con valentía,
éste síntese moito mellor e lle propón un peculiar xogo ós seus amigos/as.
Potencialidades:
A
intención pedagóxica do autor tende a alixeirar un tema de gran importancia
coma é a tolerancia e o respecto. En
definitiva, os nenos/s deben saber que ser diferente aos demáis non se
considera prexudicial senón ao contrario. A través da obra, cómpre traballar a
autoestima e potenciar a seguridade ante as disimilitudes.
Recursos
de interese:
Experiencias
docentes: http://miauladecuatro.blogspot.com.es/2014/11/lolo-un-conejo-diferente.html
Etiquetas:
multiculturalidade, integración, tolerancia, diversidade cultural.
Autoría: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario