Campanari, José, Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro), ilust. Roger Olmos, Pontevedra: OQO, 2014, [48 pp.], (ISBN:978-84-9871-495-1).
Breve descrición do formato e contido da obra. Álbum ilustrado de formato rectangular (25.5 x 24 cm), con encadernación de cartoné e tapa dura. A cuberta e a contracuberta forman unha unidade, onde o elemento central é o elefante, pero este aparece no medio dun fondo cheo de cintas métricas, costuras e unha folla. Estes serán algúns dos escenarios que recorrerá o protagonista. Tamén se rexistra en letras grandes, na parte superior da cuberta, o título do álbum: Sígueme!. Nas gardas aparece o elefante metido nun formigueiro e nelas destacan as cores marróns escuras e claras. As gardas do libro adiantan o contido da historia e fannos crear certas expectativas sobre ela. No interior do libro as páxinas son grosas e as ilustracións son de gran tamaño, predominando os debuxos dos protagonistas, o elefante e a formiga nos distintos lugares que recorren: o formigueiro, a caixa de costura, a botella de auga... Sobresaen as cores cálidas, dando un toque de ledicia e tenrura.
Os textos son sinxelos, breves e de cor negra situados en case todas as páxinas. Neles amósanse palabras marcadas en negra como son: sígueme (o título do álbum) e os diferentes escenarios polos que transcorre a historia: a caixa de costura, a botella de auga... Este álbum conta a historia dun elefante e unha formiga un tanto estraños. O elefante ten pintas moradas e a formiga, cintura de avespa. Ambos coñécense e namóranse. O elefante segue a formiga, o seu amor, pasando polo formigueiro, unha caixa de costura, unha botella de auga e un caracol mariño, onde por fin se atopan e empezan a súa historia de amor.
Potencialidades educativas. Este álbum é recomendado para o público infantil. Con el pódense traballar diferentes temas. Dende os animais, os elementos de costura... ata o amor, un amor que non entende de diferenzas nin de obstáculos, que pode con todo. Polo tanto, traballamos as diferenzas entre as persoas e as súas culturas, xa que o elefante e a formiga eran diferentes dos demais elefantes e formigas e ademais ambos eran moi distintos.
Recursos:
-Cuento narrado por los alumnos del colegio carrionamiranda, del 11 de Mayo de 2016:
https://www.youtube.com/watch?v=u9TZFryrzAI
-Recomendación del libro por la sala infantil del Parque Biblioteca León de Greiff (04.10.17):
https://www.youtube.com/watch?v=jdKuVNX9t1U
-Resumen del cuento en “Soñando cuentos” blog (16.11.09):
http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2009/11/sigueme-una-historia-de-amor-que-no.html
Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)
No hay comentarios:
Publicar un comentario