Ballesteros, Xosé, O
coelliño branco, ilust. Óscar Villán, Pontevedra: Kalandraka, 2006, [32
pp.], (ISBN: 978-84-8464-548-1).
Breve descrición do formato e contido. Este álbum ilustrado, de tapas duras e de tamaño 22 x 22 cm , preséntanos na cuberta
o protagonista, un coello branco, nun fondo completamente rosa que se prolonga
durante toda a obra. Este conto é unha adaptación dun conto popular portugués e
conta con varios premios. Entre eles desataca o Premio Nacional de Ilustración 1999.
Potencialidades educativas. Esta obra permite
levar á aula a aprendizaxe de varios valores como son a valentía ao enfrontarse
aos medos e a importancia da axuda e a amizade, que se reflicten a partir da
relación establecida entre o protagonista e quen lle axuda a recuperar o seu
fogar. Podemos traballar con este álbum ilustrado dende os tres anos de idade.
Recursos de interese.
Vídeoconto realizado por alumnos e alumnas de 5 anos do Colexio das
Gándaras de Lugo:
Actividades:
Etiquetas. Cooperación, valentía, amizade, medo, xenerosidade,
axuda.
Autoría. Xoubiñas (Nuria María Serodio Pérez, Sara Vázquez Montes e
Cristina Vidal García)
No hay comentarios:
Publicar un comentario