martes, 24 de abril de 2018

Siempre te querré, pequeñín


Gliori, Debi, Siempre te querré, pequeñín, Barcelona: Editorial Planeta, 2005, [24 pp.], (ISBN: 978-8408060666).

Breve descrición do formato e contido. Este álbum ilustrado amósanos a historia de Colín, un pequeno raposo que está enfadado e triste porque pensa que ninguén o quere de verdade. A súa nai demóstralle que non é así e que, pase o que pase, ela sempre o vai querer, aínda que xa non estea aquí. Esta obra en cartoné, cun formato de 20x15cm, presenta as súas ilustracións de maneira sinxela, con debuxos moi expresivos e cun colorido suave. Os diálogos entre Colín e a súa nai tamén empregan unha linguaxe sinxela de fácil comprensión para o lectorado preferencial desta historia de afectos entre nai e fillo.


Potencialidades educativas. Este álbum ilustrado sérvenos de axuda para mostrarlles ás máis pequenas e pequenos na aula e na casa que, por moi mal que se porten ou por moitas trasnadas que fagan, o amor é incondicional e non vai desaparecer nunca.


Recursos de interese.
Blogs con actividades sobre a obra:
https://coleccionandocuentos.blogspot.com.es/2017/02/siempre-te-querre-pequenin.html
http://tigriteando.com/siempre-te-querre-pequenin-sonando/

Vídeo-libro:
https://www.youtube.com/watch?v=xtNIdNWgdSw


Autoría. Grupo Baleiras (Irina Svetlana Bello González, Alessandra Bispo Portas, Judit Cerviño Malvido e Xiomara Laranxeiro Casás).

No hay comentarios:

Publicar un comentario