Turín, Adela. Rosa Caramelo, ilust. Nella Bosnia, trad: G. Tolentino, Editorial Kalandraka, 2012, Idioma Galego, [40 pp], ( ISBN 978-84-8464-799-7)
Este conto de estrutura tradicional preséntase a través dun texto sinxelo e fácil de comprender, no que unha voz narrativa en terceira persoa de carácter contextualizador se entrecruza coas intervencións do pai da nosa protagonista. A obra está editada nun formato rectangular de tamaño mediano podendo ser fácilmente manipulable.
Na cuberta da obra atopamos unha grande ilustración sobre un fondo branco e como elemento principal un elefante de cor rosa que destaca sobre os demais elegantes grises. Na súa parte central superior amosásenos o titulo da obra de carácter simbólico, xa que non reflexa o contido da historia, ademais dos nomes da autora e a ilustradora.
As ilustracións rexistradas no interior da obra teñen unha gran carga visual, con debuxos grandes representados dende distintos planos. As imaxes de coidadas cores chamativas buscan captar a atención do alumnado, (sendo as máis predominantes o rosa e o gris) ofrecendo detalles e aspectos que enriquecen a historia, polo tanto, o texto e as ilustración chegan a converxen nun so.
Potencialidades educativas. Rosa Caramelo é unha crítica a sociedade que predestina o futuro dos individuos e os clasifica en función do xénero. A través da historia pódese traballar a igualdades, autoestima, loita contra os estereotipos sexistas é a discriminación. Na obra apreciase a incomprensión por parte do pai (reflexo da sociedade), o cal obriga a Margarida a comer moitas peonias e anémonas para que acade a cor, é poda ser fermosa. Tanto ela como o resto de elefantas deben estar nun xardín valado aloxadas do resto e vestir cores rosas para propiciar a muda de cor.
Esta historia é un chamamento a liberdade, coa cal contribúese ao cambio de mentalidades e a construción dun mundo mellor. Pódese observar o cambio de emoción de Margarida durante a lectura: o paso da tristeza debido ao opresión do seu pai, a alegría cando xa por fin é libre e pode ser ela mesma. Isto facilita ao lector a poñerse na súa pel e xere empatía provocando que se muden pensamentos e comportamentos sexistas. Con esta obra o docente estará contribuíndo a formar ao alumnado en igualdade.
Recursos de interese.
Guía de lectura:
Vídeo contacontos
Grupo conflitos persoais. (Nuria Castiñeira Rodriguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa, Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal )
No hay comentarios:
Publicar un comentario