Randerath, Jeanette y Sonnichsen Imke , Flips no entiende el mundo cuando los padres se separan, Trad: Ángels Fabregat, Barcelona, Editorial Zendrera Zariquiey , 2010, Idioma Castelá , 26 pp, (ISBN 978-84-8418-389-1)
A obra está escrita en letra grande e minúscula, cuxa voz narrativa en primeira e terceira persoa presenta ós protagonistas, introduce o conflito e pecha a historia. Destaca a presenza do campo semántico relacionado co tamaño e ademais antitéticos (pequeno/grande, xóven/vello..).
Por outro lado, os roles e estereotipos tradicionais están presentes durante toda obra, apreciándose ilustracións de gran tamaño coa presenza dos animais, os cales acentúan a riqueza visual do conto. As veces as imaxes ocupan a folla enteira e outras non, xa que son mesturadas có propio texto. Son debuxos realistas, que teñen unha función paralela e complementaria con cores vivas e frías. De feito, nas páxinas onde se fala dos recordos aparecen difuminadas con cores escuras. En canto as características físicas, Bruno ten no seu rostro trazos de vellez mentres que Flips todo o contrario.
Potencialidades educativas. Con este conto podemos facer unha aproximación á temática do divorcio, xa que non é un tema fácil de comprender e sobre todo en idades temperás, aínda que sábese que a través dos conto todo é mais fácil de transmitir. É un conto de gran utilidade tanto para as crianzas, docentes e proxenitores. As veces moitos nenos ou nenas séntense culpables da separación dos seus pais, polo que neste conto axuda a eliminar esa idea, erradicando o sentimento de culpabilidade. Ademais a través desta historia pódese traballar certos valores, sobre todo a empatía, xa que fai poñerse ao lector na pel dos protagonistas.
Esta historia contribúe tamén a transmitir actuacións adecuadas coas fillas e fillos en caso dunha situación coma a de Flips, así como eliminar certas conductas no favorecedoras, nas que as veces os adultos non son conscientes da presencia dos pequenos e pequenas cando se produce a discusión, polo que pode repercutir de maneira negativa na vida social e afectiva do neno e da nena.
Finalmente, este álbum literario ten unha gran potencialidade xa que grazas a el, os nenos e nenas pódense identificar coa situación que lle está a ocorrer ao can Flips, sen sentirse angustiados/as por ser o único neno/a nesa situación, potenciando así tamén a erradicación do sentimento de culpabilidade.
Grupo conflitos persoais. (Nuria Castiñeira Rodriguez, Sandra Dapena Hortas, Sheila Domínguez Da costa, Carmen Eiras Conde, Sara Fernández Luna e Silvia Fraguas Juncal )
No hay comentarios:
Publicar un comentario