sábado, 28 de abril de 2018

Primeira semana na escola de vacas




Cutbill, Andy, Primeira semana na escola de vacas, ilust. Russell Ayto, Vigo: Patasdepeixe 2011, [32 pp.] (ISBN: 978-8-49-463410-9).




Breve descrición do formato e contido. Atopámonos ante un álbum de formato cadrado e de tapa dura. Na cuberta podemos ver as ilustracións das dúas protagonistas (nai e filla) sobre un fondo de cor amarelo e co título da obra en tamaño grande e un pequeno estampado que recorda unha folla dun caderno escolar (isto xa nos dá algunhas pistas sobre o escenario principal da historia). Na contracuberta preséntase a imaxe dunha aula xunto coa fotografía do libro anterior da saga (A vaca que puxo un ovo). Tamén se recolle un breve resumo do contido da historia.
Por outra banda, nas gardas podemos ver un estampado de lunares negros sobre un fondo branco que recorda a pel dunha vaca.
As ilustracións a lapis resultan moi vistosas e nelas destacan as cores primarias de fondo.




A tipografía é sinxela e grande cun texto que inclúe numerosas onomatopeas. A través da súa lectura, un narrador en terceira persoa, co apoio das intervencións das protagonistas, relata como tras dar a luz a unha Pita, a vaca Marjorie leva a súa pequena Daisy á escola por primeira vez.
A problemática comeza cando o resto de compañeiras, que son todas vacas, rexeitan a Daisy por ser diferente. Entre burlas e rexeitamento, Daisy mostra dificultades para seguir as clases, ata que as súas amigas da granxa, as pitas, reúnese coa mestra de Daisy e lle explican o conflito que hai na aula. Finalmente, a mestra propón una serie de actividades adaptadas as características de Daisy e todas as súas compañeiras acaban por aceptala, sobre todo, a querela como o que realmente é, unha pita.


Potencialidades educativas. Xunto coa anterior entrega da saga, A Vaca que puxo un ovo, esta é unha obra moi axeitada para profundizar na diversidade e a interculturalidade nas aulas. A presenza de animais tradicionais de granxa, como as vacas e as pitas, fai posible tamén un achegamento a elementos cotiás da Galicia máis rural.



Recursos de interese.
Presentación Slideshare sobre o álbum:

https://pt.slideshare.net/HeloisaTeixeira2/primeira-semana-na-escola-de-vacas


Comentario do álbum nun blog especializado:

http://www.dicasmiudas.com.br/primeira-semana-na-escola-de-vacas/


Autoría: Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres y Cintia González)

No hay comentarios:

Publicar un comentario