sábado, 28 de abril de 2018

Brinca Vai!

Nogueiras, Paco, Brinca Vai!, ilust. David Pintor, vídeo Jóse Miguel Sagüillo, Kalandraka Editorial, 2014 [56 pp.] (ISBN: 978-84-8464-877-2)


Breve descrición do formato e contido. Esta obra é un libro cadrado de tapa dura de dimensións 16 x 16 cm. É un libro musical –inclúe cd e dvd- que está formado por 12 cancións, unha para cada mes do ano, e que tratan sobre diferentes temáticas (natureza, festas...) En canto ao discurso visual, o libro está disposto de maneira que a canción queda na folla da esquerda e o debuxo na da dereita. As ilustracións son grandes, con cores vivas e  elaboradas, intentando sempre darlle un toque de humor. Por último, a tipografía que utiliza nos títulos das cancións é unha mestura de outras diferentes, mentres que na mesma canción utiliza sempre a mesma.
Potencialidades educativas. A través deste libro musical, podemos achegar aos máis pequenos diferentes festas populares  coma o Samaín, o Antroido ou o magosto dunha forma lúdica e diferente. Isto axudará ao desenvolvemento da entoación e o ritmo da fala, ademais do gusto e o desfrute coa música.

Recursos de interese.
  • http://www.brincavai.com/ 
  • https://www.youtube.com/watch?v=TDwT_igWUZE  

Autoría. Festeiras (Icía Domínguez González, Irene González Ibáñez e Laura Juanatey Martínez)


No hay comentarios:

Publicar un comentario