sábado, 28 de abril de 2018
Otros niños del mundo
Capdevila, Francisco, Otros niños del mundo, ilust. Capdevila, Madrid: Gaviota, 1997, [32 pp.] (ISBN:978-84-392-8963-0).
Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado narrativo de formato rectangular (22x22cm), con encadernación de tapa branda. Na cuberta aparecen nenos e nenas de diferentes culturas ao redor dun globo terrestre, sobre os cales se recolle o título na parte superior central da cuberta de cor vermella. Na contra cuberta reaparecen nenos e nenas pertencentes a diferentes culturas agarrados da man, mostrando unha unión.
As gardas están repletas de debuxos de nenos espidos de todo o mundo que aparecen sempre sobre fondos neutros, para demostrar que son todos iguais, independentemente da cultura a que pertencen. As páxinas interiores son finas e as súas ilustracións de gran tamaño, predominando tamén imaxes de nenos e nenas sen roupa. Cos seus textos sinxelos e breves, xunto cos diálogos, contan como viven e como son as persoas das diferentes culturas. No conto coñecen unha nova persoa da familia que é mulata, e o tío do neno, para que coñezan outras culturas, ponlles un vídeo no que aparecen referencias aos chineses, árabes e esquimós, que aparecen representados con algo característico do seu país. A historia é desenvolvida polos protagonistas da historia que contan o que ven e o que sucede.
Potencialidades educativas. Con este conto, válido para os cursos de infantil como para os primeiros anos de primaria, trabállase a inteculturalidade e a amizade. Ao mostrar os protagonistas espidos ensinan como todos somos iguais sen importar a cor da pel ou a cultura á que pertenzan.
Recursos de interese.
Vídeo sobre persoas de diferentes culturais:
https://www.youtube.com/watch?v=dC_Wm-z-kHM
Autoría. Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres e Cintia González)
Etiquetas:
álbum ilustrado,
Diversidade,
Empatía,
interculturalidade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario