Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Háblame de ti, Madrid: Papel de aguas S.L., 2002, [38 pp.], (NIPO: 207-02-078-7).
Breve descrición do formato e contido da obra. Libro ilustrado de formato rectangular (30 x 25 cm), con encadernación de tapa dura. Na cuberta aparece unha fotografía de cada neno que compón as historias que figuran no libro, sobre un fondo de cor amarela con pequenas árbores nun ton máis escuro. O título acóllese no centro da portada, en maiúsculas e de cor laranxa, resaltando así sobre o fondo. Na parte inferior da portada tamén está nomeado o Instituto da Muller debido á súa participación na elaboración do libro. Na contra cuberta rexístrase o mesmo fondo da portada en cor amarela e con árbores por todo o fondo, ademais da referencia á entidade que asume a edición. Na primeira páxina inclúese un breve texto no que se presentan os nenos e falan do que fixeron na semana da cultura no colexio.
O libro está dividido en sete capítulos ou historias, no que cada neno vai explicando a que cultura pertencen e cales son algunhas das súas tradicións, o seu idioma, a gastronomía… Ao final de cada capítulo aparecen actividades e un mapa para localizar de que país veñen e para recordar o que leron no capítulo.
As gardas móstranse con fondos sempre en tons claros, son textos explicativos acompañados de debuxos sobre os elementos que fan referencia no texto.
Potencialidades educativas. Con este libro, que se pode empregar tanto para a educación infantil como para a educación primaria, coñécense as culturas de diferentes países, así como a súa lingua, a gastronomía… Son unha proposta de interese para abordar a interculturalidade e a amizade.
Recursos de interese.
No conto aparecen exercicios moi bos como recurso do conto.
Autoría. Elefantas (Sara Alonso, Sheila Álvarez, Valentina Cáceres e Cintia González)
No hay comentarios:
Publicar un comentario