lunes, 23 de abril de 2018

Onde está o meu zapato?

Ungerer, Tomi, Onde está o meu zapato?, ilustr. Tomi Ungerer, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. “Tras os montes”, 2014, [36 pp.], (ISBN: 978-84-8464-871-0).

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado de formato rectangular e de tapa dura, no que se recolle unha das obras máis coñecidas de Tomi Ungerer. A cuberta presenta un marco de cor verde cunha imaxe central sobre un fondo branco. Trátase dun retrato dun soldado de bigote e gorra vermella, cuxo corpo está integrado nunhas botas altas tamén vermellas. Con esta cor tamén está grafiado o nome do autor na parte superior, debaixo do cal está o título desta obra en negro, por medio do cal se está interpelando ao lector coa pregunta de Onde está o meu zapato?. Na parte inferior e no recadro verde insírese o nome da editorial. A contracuberta é de cor verde como o marco da cuberta. Encontramos enriba no lado esquerdo o nome da colección escrito de lado e no medio un xogador de rugby, que ten os brazos feitos con dous zapatos. Boa parte destes elementos paratextuais xa nos avanzan o contido desta obra que só presenta un texto mínimo ao inicio e ao final. Nesta ocasión, o lector muda o seu papel habitual polo de investigador e a de buscar e buscar ata atopar nas ilustracións un gran surtido de zapatos que están mimetizados en cada unha das propostas icónicas. Todo un xogo de descubertas que lle atribúe ao público deste volume un papel moi activo, mentres goza dun intre de lecer.

Potencialidades de la obra para educación infantil: Este albúm serve para desenvolver a agudeza visual e a curiosidade buscando nas ilustracións a transformación e polivalencia de obxectos da nosa vida cotiá. Sen dúbida, conforma unha proposta de ilustracións metamórficas moi suxestiva para traballar as inferencias co alumnado de educación infantil.

Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba).

No hay comentarios:

Publicar un comentario