martes, 24 de abril de 2018

Non é fácil pequeno esquío


Ramón, Elisa, Non é fácil pequeno esquío, ilustr. Rosa Osuna, trad. Marisa Nuñez, Pontevedra: Kalandraka, col. “Demademora”, 2003, [40pp.], (ISBN:84-8464-183-X).

Breve descrición do formato e contido. Estamos ante a historia dun esquío que chora a morte da súa nai. No transcurso do conto móstranse os sentimentos de dor e tristeza que ten o protagonista. Finalmente, o esquío acepta a ausencia definitiva da nai e comeza a lembrar os bos momentos vividos con ela e a convivir co sucedido. As ilustracións son frías nas imaxes que representan a tristeza e a dor do esquío, contrastando coas imaxes cálidas cando amosa as vivencias deste coa falecida. O álbum é de 22x22cm e de tapa dura. Así mesmo, é unha das poucas obras que aborda o falecemento dunha nai e que nos fai lembrar a coñecida obra Bambi.

Potencialidades educativas. Este conto serve para tratar o falecemento dun familiar próximo ao alumnado, concretamente dunha nai, e axudar a superar o dó.

Recursos de interese.
Etiquetas. Familia, morte, álbum ilustrado.
Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario