martes, 24 de abril de 2018

A avoa adormecida


Parmeggiani, R., A avoa adormecida, ilustr. João Vaz de Carvalho, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka, col. “MareMar”, 2015, [32 pp.], (ISBN: 978-84-8464-914-4).

Breve descrición do formato e contido. Esta narración reflicte a cálida relación entre un cativo e a súa avoa, a cal está enferma debido á súa avanzada idade. Durante o relato, o cativo recorda os momentos lúcidos vividos coa avoa. Nas últimas páxinas represéntase o falecemento da enferma dunha forma metafórica. Malia que na historia non se expresa, evidénciase que a doente sofre alzheimer ou demencia, dado que antes de que quedase encamada, “adormecida”, esquecíase dos recordos e facía cousas estrañas. Estamos ante un álbum de tapa dura, composto por ilustracións en tons brancos, azuis, grises e marróns que semellan a vellez e os hospitais.

Potencialidades educativas. Serve esta proposta textual e icónica para abordar as enfermidades dexenerativas e os seus síntomas, como é o caso do alzheimer ou a demencia. Ademais de tratar o tema do falecemento dun familiar, concretamente dos avós do noso alumnado, permítenos reforzar a relación avós-netos.

Etiquetas. Familia, morte, alzheimer, avós.

Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario