Ruiz Johnson, Mariana, Mamá, trad. Manuela Rodríguez, Pontevedra: Kalandraka, 2014, [32 pp.], (ISBN:978-84-8464-828-4).
Breve descrición do formato e contido. Este fermoso álbum transmite de forma literaria o que significa ser mamá. Coa tenrura dun texto poético fainos lembrar as nosas nais con todas e cada unha das calidades que estas posúen. A través do conto dan a vida, cóidannos e protéxennos de forma innata, por iso nunha das ilustracións aparece unida ao universo e á natureza. O álbum está composto por unhas ilustracións en tons moi intensos e coloridos, predominando en case todas as páxinas a presenza de cores alaranxadas, amarelas e vermellas, que destacan xa nas tapas duras do libro. A figura da nai resáltase nas láminas ao amosar diversos animais acompañados sempre das súas crías, reforzando así a relación nai-fillo que quere resaltar a autora. A lectura desta obra propicia a aparición de sentimentos cálidos e doces cara á figura das mamás, tanto nos máis cativos coma nas persoas maiores. Esta creación foi a gañadora do VI Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados.
Potencialidades educativas. Esta obra ten unha gran compoñente sentimental que pode ser moi útil para traballar as emocións na aula co noso alumnado de educación infantil, abordando o tema do amor que sente unha nai polos fillos e viceversa.
Recursos de interese.

Etiquetas. Familia, mamá, álbum ilustrado.
Autoría. Estibel (Estefanía López Tanoira, Tiffany Pintos Nieto e Belén Sanmartín Malheiro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario