Lionni, L.
Nadarín. Trad. Xosé Manuel González,
Pontevedra: Editorial Kalandraka, 2007, [ 36 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-628-0).
Breve
descripción do formato e do contido: Este álbum ilustrado con encadernación en
cartoné, cun formato de 22 x 22,5 cm e de tapa dura, mostra unha cuberta na que
se representa o fondo mariño con moito detalle, destacando as cores azuis e
marróns, o que anticipa o espacio onde se vai a encadrar a obra. Preséntase o título do libro en letras grandes
e en cor negra, debaixo del, o nome do autor e o noso protagonista. Na súa
contracuberta aparece unha imaxe difuminada, representativa da historia. As
imaxes do interior do libro preséntanse dunha maneira sinxela, na mayoría,
predominan as cores azúis, moradas e negras. Emprégase unha técnica semellante
ás “manchas de cor”, recrean o universo mariño repleto de movemento e riqueza
cromática. O texto, formado por frases cortas, cheas de figuras retóricas
sutiles e suxerentes. En canto ó contido do álbum, Nadarín é un peixe que vive
feliz nun banco de peixiños. Todos son vermellos menos Nadarín que é de cor
negra. Un día, un peixe grande comeunos a todos menos ao noso protagonista.
Nadarín fuxiu á profundidade do mar e atopouse con otros peixes vermellos. Él, propúxolles
que nadaran todos xuntos, como se fosen o peixe máis grande do mar, e así
escorreitarían ó gran peixe.
Potencialidades educativas: Este
álbum ilustrado permítenos traballar a superación dos medos. Gracias á forza de
vontade e á solidaridade podemos lograr
os obxectivos pese ás adversidades que se presenten. Ademais axudanos a
interiorizar que a unión fai a forza.
Autoría: Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
Etiquetas:
Diversidade, solidaridade, respeto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario