Franz, J. O gatiño e a neve, Ilustr. Constanze v. Kitzing, Trad. Xosé
Ballesteros. Pontevedra: editorial Kalandraka, 2012, [32 pp.], (ISBN:
978-84-8464-807-9).
Breve
descripción do formato e do contido: Álbum ilustrado con encadernación en cartoné e
de tamaño 23 x 16 cm. Vai dirixido aos pequenos/as lectores a partir de cero
anos. Tanto a cuberta como a contracuberta son de tapa dura. Ocupando gran
parte da cuberta, están presentes os protagonistas do conto, o gatiño e o coello.
Tamén aparece o título da obra en letras maiúsculas, en cor verde sobre un
fondo en tons claros. A historia xira ao redor da amizade dun gatiño, de cor
negra e un coello branco. Ámbos son moi diferentes pero queren estar xuntos.
Enfrontaranse a problemas da vida cotiá, pero a través do xogo, atopan
solucións imaxinativas. As ilustracións son moi expresivas e a dobre páxina,
con texturas suaves e cores intensas. A historia ten lugar nunha paixase
invernal na que a neve está moi presente. O texto destaca pola súa frescura,
predominando o diálogo.
Potencialidades
Educativas: Este álbum ilustrado é perfecto para traballar a diversidade pero
dunha forma lúdica. Nós, como docentes, transmitiremos os valores presentes
nesta obra como son a amizade, a xenerosidade e a convivencia. A través das
alegres ilustracións, os nenos e nenas descubrirán que sempre deben enfrontarse
ás adversidades buscando solucións. Transmitiremos o valor da diversidade,
ensinando que ser diferente non supón unha barreira para poder lograr os nosos
obxectivos.
Recursos de interese:
Autoría:
Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
Etiquetas:
Diversidade, convivencia, amizade, xenerosidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario