sábado, 28 de abril de 2018

A casa grande




Ribeiro, J. M. A casa grande, Ilustr. Ricardo Rodrigues, Trad. Ánxela Gracián. A Coruña, Hércules de Ediciones, 2018, [36 pp.]. (ISBN: 978-84-947770-4-2).








Breve descripción do formato e do contido: Este libro é un álbum ilustrado con encadernación en cartoné con formato 20 x 20 cm, no que tanto a cuberta coma a contracuberta son de tapa dura. Este álbum versa sobre as diferentes culturas, latitudes, linguas, cores e crenzas relixiosas. O escritor invoca ao pequeno lector para que compartan sentimentos como o perdón, a verdade e o amor. A cuberta, na que aparecen ilustracións representativas do que atoparemos no interior do libro, como son personaxes pertencentes a diferentes culturas, presentan unha gran carga visual con coidadas cores chamativas. O título do álbum aparece en letras de gran tamaño, dentro dun bocadillo, que sae da boca dun paxaro, sobre un fondo branco, que este, a súa vez, está sobre un fondo vermello, o que fai que sexa moi relevante. Con respecto ó interior do libro, as ilustracións destacan polas súas cores rosas, vermellos, verdes, azúis, cunha sensación de relieve. As personaxes son todas diferentes, e todos transmiten sentimentos como a felicidade,o  amor, etc. A casa grande é un álbum metafórico no que se conta que un día un home construíu unha casa grande, sin portas nin fiestras que dese abrigo indiscriminadamente.

Potencialidades educativas: A través deste álbum ilustrado podemos traballar conceptos como a diversidade: diferentes relixións, cores da pel, culturas, etc. Debemos introducir aos nenos e nenas no coñecemento de que aínda que non todos sexamos iguais, podemos convivir todos xuntos. Temos que fomentar o respeto por todo o mundo e valoralos positivamente.

Recursos de interese:

Autoría: Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.

Etiquetas: Diversidade cultural, multiculturalidade, convivencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario