miércoles, 18 de abril de 2018

La siesta

Nanclares, Silvia, La siesta, ilust. Equipo Elático, Madrid: Editorial Kókinos, 2000, [40 pp.] (ISBN: 84-88342-23-3)

Descrición do contido textual e visual: Esta fermosa historia conta o momento no que un neno toma a sesta coa súa nai e recóllese no formato dun álbum ilustrado de tapas duras. Na súa cuberta aparece o protagonista durmindo sobre o peito da nai e o seu adorado xoguete, baixo unha gama cromática de cores cálidas. Na contracuberta, pola contra, non aparece ningunha imaxe e tan só destaca o código de barras e o ISBN baixo un fondo azul claro. As ilustracións son imaxes realistas como o cabelo da nai ou as persianas a medio pechar, que mostran os diferentes pasos que se teñen que facer para realizar correctamente a sesta. A sucesión de ilustracións acompáñanse dun corpo textual que se asenta en frases moi breves e mantedora dos contidos esenciais para regalarnos esta historia tan tenra e íntima, logrando unha maridaxe icónica e verbal que facilita a comprensión. O texto e as ilustracións altérnanse de dereita a esquerda e viceversa ao longo da obra.

Potencialidades de la obra para educación infantil: A maioría dos nenos e nenas de educación infantil toman cada día a sesta. Grazas á lectura desta obra, tanto eles/as como os seus familiares poderán facerse conscientes da importancia que ten esta, tanto para realizar un correcto descanso como para favorecer o vínculo de afecto cos seres queridos.

Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba).

No hay comentarios:

Publicar un comentario