miércoles, 18 de abril de 2018

Ana no quiere crecer

Ruis, Roser, Ana no quiere crecer, ilust. María Ruis, trad. Teresa Tellechea, Madrid: SM, 2010, col. Cuentos para sentir, [32 pp] (ISBN: 978-84-675-0846-8)

Breve descrición do formato e contido: Este álbum ilustrado de tapa dura pertence á colección “Cuentos para sentir”, que recolle unha serie de títulos que tratan as reaccións dos máis pequenos ante situacións da vida cotiá, como son a timidez, o medo ou os celos. As ilustracións da cuberta e contracubertan xa avanzan o tema principal sobre o que xira esta historia, ao representar unha nena xa crecida con vestimenta e acenos moi infantís propios dos primeiros anos. No interior a sucesión da proposta plática permite seguir a historia por medio dos debuxos de cores vivas que recobren todas as páxinas, así como a través dun texto que acostuma aparecer encadrado cun fondo claro, o que facilita a súa lectura. O relato emerxe dunha voz en terceira persoa dun narrador hetereodiexético que, en ocasións, lles cede a palabra aos personaxes, co propósito de que o lectorado coñeza dun xeito máis fidedigno o seu sentir e pensar. Todo xira ao redor de Ana, unha rapaza que sofre os celos provocados polo nacemento da súa irmá. Ana deixa de ser o centro de atención e isto provoca un cambio no seu comportamento: non quere ir ao colexio, desexa que súa nai lle volva dar de comer, mexa por ela… Desta forma pretende chamar a atención dos adultos e recuperar o papel central que ocupaba ata agora no seo da súa familia.

Potencialidades educativas: A través desta obra que se relaciona cun capítulo vivido por moitos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida, podemos traballar o control emocional e a temática dos celos ante a chegada dun novo membro á familia. Ademais, permítenos fomentar valores como a tolerancia, a comprensión e a responsabilidade. É, sen dúbida, unha obra de interese para acompañar a todos aqueles e aquelas que se senten destronados e saiban afrontar con éxito a nova realidade familiar, na que continúan a ser unha das pezas claves.

Recursos de interese:


Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba).

No hay comentarios:

Publicar un comentario