miércoles, 18 de abril de 2018

A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín

Castagnoli, Anna, A incríbel historia da nenapaxaro e o neno terrible, ilust. Susanne Janssen, Pontevedra: OQO Editora (+5 anos), 2008, [48 pp.] (ISBN: 978-84-96788-68-8)

Descrición do contido textual e visual: A un lectorado de máis de cinco anos diríxese, de xeito preferencial, este álbum ilustrado de tapas duras que esconde baixo unha cuberta temerosa e un tanto desconcertante a historia da nenapaxaro e o galopín. No título con letras negras sobre fondo laranxa destacan en cor branca o nome dos dous protagonistas. As ilustracións interiores son moi expresivas e manteñen a mesma gama cromática que a cuberta e a contracuberta, ademais de ocupar a gran parte da páxina, deixando case invisible o texto. O galopín era un neno rebelde que pasaba os días triste subido nunha árbore sen facerlle caso a súa nai. Un día atopou un ovo dun paxaro e coidouno como se fora seu ata que a casca rompeu e saíu del a nenapaxaro. Esta sempre estaba triste e, a pesar de que o galopín quería facer todo o posible por darlle cariño e animala, non o conseguía. El nunca recibira amor e non sabía como dalo. Pola contra, loitou por conseguilo e aprendeu a coidar a nenapaxaro como se foxe un deles. Grazas á súa perseveranza, ambos estaban moi felices. Trátase, en fin, dunha historia pouco convencional, como tamén o son as imaxes que o acompañan que tamén se caracterizan por ofrecer diferentes puntos de vistas. Nelas sobresaen os efectos logrados a través do emprego da técnica mixta que fai confluír fotografías, texturas diversas e figuras pintandas.

Potencialidades de la obra para educación infantil: Esta obra ofrece múltiples posibilidades para traballar en Educación Infantil. Por medio dela, os nenos e nenas poden comprender que se loitan por conseguir algo, lograrano sen importar o que custe facelo. Así mesmo, permite abordar e valorar a importancia do coidado e do amor das súas familias para que eles/as crezan felices. Unha lectura atenta do texto e das imaxes e o establecemento da reflexión e o diálogo converten este álbum ilustrado nunha proposta magnífica para ensinar/aprender a amar.

Recursos asociados á obra: 
Vídeo en rede do álbum producido pola editorial OQO Filmes: Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=2YaUItrKuf8 o 12 de abril do 2018.



Autoras: SQRUPS (Ángela López Ferradás, Miriam Rodríguez Martínez, Valeria Vázquez Martiñán, Laura Veiga Darriba).

No hay comentarios:

Publicar un comentario