sábado, 21 de abril de 2018

GRITOS EN LA ARENA







Abad, Aturo, Gritos en la arena, ilust. Mónica Gutiérrez, España: Narval Editores, 2011, [32pp.] (ISBN: 9788493876838).

Breve descrición do formato e o contido. Este libro recolle os desexos dunha nena fronte a súa nai. A protagonista é unha rapaza musulmá pechada na súa cultura e privada de moitos dereitos como o de expresión. A nai explícalle que o seu desexo non pode realizarse, xa que ningunha muller pode gritar. Posteriormente, leva a súa filla á orilla do deserto (lugar no que serán escoitados os seus gritos). As dúas protagonistas son o símbolo de todas aquelas mulleres silenciadas e obrigadas a reprimir as súas aspiracións e desexos.
Este álbum literario ten unha estructura clásica (introdución, nó e desenlace). Ademais, as voces da nai e da filla están presentes nunha conversa ao longo de todo o desenvolvemento da historia.
Con respecto ao campo semántico, podemos dicir que destacan aquelas palabras relacionadas coa natureza (dunas, deserto, montaña etc).
Na cuberta aparece a protagonista de pequeno tamaño coas mans na boca para que os seus gritos sexan escoitados. Con respecto as gardas, diremos que presentan unhas cores vivas e cheas de cor con debuxos sinxelos. É preciso resaltar a utilización dunhas ilustracións libres e moi pictóricas e dun texto poético cheo de esperanza.
Os fondos brancos, fan destacar aínda máis os sinxelos retratos das personaxes do conto. A delicadeza dos trazos de Mónica Gutiérrez Serna mestúranse cós trazos de cores que rompen có mundo gris e silencioso, logrando saír das páxinas e grabar a mensaxe de rebelión nos nosos ollos.

Potencialidades educativas. Pretende abrir as nosas conciencias sobre a situación na que están vivindo miles e miles de mulleres no mundo, abusadas, violadas, silenciadas, anuladas pola cultura que as domina. Pretende recoller e amplificar a voz dunha infancia prohibida. Ademais, fala da importancia de expresar a nosa dor.

Recursos de interese. Ningún recurso atopado.

As Pegadas (Jorge Fernández, Nuria Fernández, Tamara Duarte, Alba Corredoira, Carolina Ramiro, María C. Conde).

No hay comentarios:

Publicar un comentario