domingo, 22 de abril de 2018

A avoa adromecida


Parmeggiani, Roberto. A avoa adormecida, Ilust. Joao Vaz De Carvalho, Trad. Xoxé Antón Ballesteros,  Pontevedra: Kalandraca editora: Colección Maremar, 2015. [40 pp.] (ISBN: 978-84-8464-914-4)

Breve descrición do formato e contido: esta obra presentase baixo o formato rectangular (18,5x28cm) con encadernación a cartoné. Nesta obra recollese a historia dunha avoa con alzhéimer que cociñaba, bailaba, peiteábase, saía co neto ...e que un dia comezou a durmir, a durmir ata que xa levaba un mes durmida. O neto  estrañaba á súa avoa. El facíalle visitas para que non se sentira sola, pero ela seguía durmindo, hasta que un dia foise.
O autor recorre a súa memoria sentimental, para describir un proceso de perdida e dolor, cunha metáfora nos debuxos que acompañan os textos que representa o transito do tempo, a doenza das persoas que non nos acompañan mais. O espazo no que ocorre a narración e fogar,  un ambiente moi tranquilo e con moita tenrura.
Esta obra e un homenaxe a todas esas persoas que queremos tanto e sobre todo cando somos nenos: os avós e as avoas. As ilustracións que conforman  esta obra son sinxelas, están realizadas a lapis, acuarela e pastel con cores moi suaves predominando os cores claros.

Potencialidades educativas: esta obra e extraordinaria para explicarlles e enxeñar os pequenos o tema da morte, a falta dos seus seres queridos, a perdida e o dolor que todo isto supón. Recolle con moita tenrura o proceso dunha persoa enferma que chega o seu fin, dunha maneira agarimosa. Tamén esta obra pódese escoller para tratar o a enfermidade do alzhéimer que por desgraza cada vez está moi presente nos nosos maiores.

Recursos de interese:
-          Brabádegos.
-          Criaturas.

Autoras: PUMA (Uxía Lojo Pouso, Andrea Martinez Costas, Paula Moares Piñeiro, Alba Nieto da Costa, Montserrat Santibáñez Varela)

No hay comentarios:

Publicar un comentario