McLaren,
T. Así es mi día, ilust. Olivia Villet, Barcelona: La Galera. (+5 años), 2006, [24pp.] (ISBN, 842462145X)
Descrición
do formato e o contido: Este curioso libro manexable mostra a cultura de catro países (España,
Guyana, Marruecos e Xapón) a través dos ollos de dos nenos e dúas nenas. Juna,
Keiko, Alí e Bibi nos presentan cómo se desenvolven as súas vidas ao longo dun
día. Así, coñeceremos cómo son as súas casas, as súas escolas, qué comen, os seus xogos,
qué cean e cómo se deitan na cama. Resulta un libro moi atractivo xa que en
cada páxina pódese descubrir a súa historia levantando as lapelas que esconden
debaixo un debuxo e unha pequena descrición de cada acción, ademais posee un
póster ilustrado cun mapa despregable ao final dando unha visión global a cada
historia contada e situada en cada parte do mundo. Cada recuncho contén pequenos detalles en forma de debuxos repletos de cores,
sempre en relación á infancia e a temática tocada en cada páxina do libro. As
personaxes están adecuadamente caracterizadas para que os máis pequenos poidan
identificar sen problema algún cada tipo de cultura coas súas costumes.
Potencialidades:
Serve de gran apoio para traballar as culturas existentes no mundo, fomentar o
respecto pola diversidade e potenciar conceptos coma a tolerancia cara ós
demais.
Etiquetas:
Xogo, interculturalidade, diversidade cultural, vida
cotiá.
Autoría:
Prímulas: Sonia Álvarez García, Mónica Planet Márquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario