Albo, Pablo, A sopa
Queima, ilust. André Letria, trad. Antón Fortes, Pontevedra: OQO editora,
2009, [36 pp.] (ISBN: 978-84-9871-161-5).
Breve descrición do
formato e o contido. A través das imaxes deste
álbum cadrado de tapas duras, os lectores comprenden cal é a temática da
historia. A modo de avance, na cuberta xa aparece a protagonista, María, cunha
expresión de dor ante un fumegante prato de sopa; e nas gardas, unha señora que
está preparando este prato. Na contracuberta está María, pero agora feliz, polo
que se sobreentende que a historia remata ben. En canto ao texto, a súa
homoxeneidade gráfica vese alterada polo cambio do tamaño da letra e da súa
intensidade, co propósito de resaltar certos treitos e captar a atención dos
lectores. Ao final da historia aparecen os diferentes alimentos, ingredientes e
pasos a seguir se queremos cociñar unha sopa.
Este álbum introdúcenos na historia mostrándonos un edificio do que sae fume,
polo que podemos entender que algo está “ardendo”. Logo aparece María, unha
nena con cabelo rizado que se dispón a comer a súa sopa. A nai non para de dicirlle:
“María, come a sopa”; ao que ela responde: “A sopa queima, mamá”; e súa nai
replica: “Pois sopra filla sopra”. Por máis que María sopra, a sopa segue tan
quente que se queima. Entran na historia diferentes animais que pasan por alí e
que María chama (rinoceronte, morcego...) e, malia sopraren con intensidade, a sopa
segue queimando e María grita Aaaaaaah! De súpeto aparece unha formiga e, aínda
que ninguén pensa que un animaliño tan pequeno pode axudala, esta asubía e
aparecen 370.000 formigas. Entre todas sopran e sopran e… cando paran, a sopa
deixa de botar fume. María próbaa e xa non queima. E toda contenta segue
probando, probando, probando ata que remata a sopa.
Potencialidades
educativas. A través desta obra podemos aprender que non debemos
subestimar a axuda de calquera persoa, xa que ás veces quen menos pensamos é
quen nos pode axudar. Ademais tamén lles permite coñecer aos máis pequenos e
pequenas como facer unha sopa, grazas aos pasos e alimentos recollidos nas
páxinas finais do álbum. É unha obra que aconsellamos para abordar na aula
aspectos relacionados coa alimentación e que incluso é apta para a súa
representación escénica, xa que permite que nela participen moitos nenos e
nenas, aos que lles hai que inculcar dun xeito lúdico a importancia da
colaboración entre todos para acadar as metas establecidas.
Recursos de
interese.
[Vídeo-dramatización]http://covastk.blogspot.com.es/2017/04/a-sopa-queima-dramatizada-polos.html
Etiquetas. Alimentación, cooperación, axuda, álbum.
Autoría. Pulgariñas (Tatiana Vieitez Losada, Alicia Vidal
Peneireiro, Cecilia Solla Vázquez e Ana Salgado Pazos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario