lunes, 7 de mayo de 2018

El ratón que se comió la luna


Horácêk, Petr, El ratón que se comió la luna, Trad. Teresa Farran, Barcerlona :Editorial Juventud, 2014, [28 pp.], (ISBN: 978-84-261-4063-0).

Breve descrición do formato e contido. Este volume encadernado en cartoné ten unhas dimensións de 23,8x25,6cm. Na cuberta pódese observar o rato que é o protagonista da historia e a lúa que tamén é protagonista, aínda que de forma indirecta. As ilustracións son a páxina completa e defínense polas súas cores vivas; e o texto, sinxelo e escrito en minúscula, está escrito sobre ela. O fío da historia manteno un narrador externo, ao que acompañan os diferentes personaxes por medio das súas intervencións. A historia cóntanos como un rato, que admira a lúa, encontra un día un pedazo dela e a come a bocados. Ao decatarse de que nunca volverá ser redonda e grande, vai atopándose con outros animais e contándolle o sucedido. Finalmente a lúa volve brillar no ceo, porque ninguén a pode comer.

Potencialidades educativas. Con esta proposta literaria e ilustrativa podemos aproximarnos á lúa, ás súas fases, ao universo e todo o que ten que ver con esa temática. Tamén permite achegarse ao mundo animal, xa que o personaxe principal é un rato que durante todo o conto entra en contacto con outros seres animais. Así mesmo, posibilita traballar os sentidos, xa que o rato ole a lúa, vea, próbaa etc.

Recursos de interese.
Vídeo sobre o conto:
Blog que fala sobre o conto:

Etiquetas. Lúa, espazo, animais, sabores, sentidos.

Autoría. Alexandra Rodríguez González


No hay comentarios:

Publicar un comentario