Damon, Emma. ¿Qué es la paz?, tradución e adaptación de Silvia Márquez, ilust. Emma Damon (título orixinal What is Peace?) Barcelona: Editorial Beascoa S.A., 2004 [12 páxinas] (ISBN: 978-84-488-2052-7)
Breve descrición do formato e contido. É un libro encadernado en cartoné. Na portada podemos ver unha imaxe que recolle a sete nenos e nenas de diferentes etnias en círculo dándose a man e mirando cara arriba onde se atopa o título e unha breve reseña que nos indica que nos imos atopar dentro. Xa que como se di na mesma, é un libro onde en cada páxina se coloca unha solapa sobre un fondo de cores suaves, onde se recolle unha imaxe que exemplifica o que é a paz, e se o levantas o seu contrario, que non o é (exemplo: a paz e compartir...e ao levantar… non gardarmo todo para min). Na solapa se recolle tanto o texto, como a imaxe de varios nenos e nenas realizando esa acción. As últimas dúas frases, que son as máis importantes, ocupan dúas páxinas cunha imaxe, (non hai solapas nin aparecen os contrarios) e na parte de abaixo da imaxe aparece o texto, que xoga coas maiúsculas e minúsculas para resaltar a palabra “paz”. Despois aparecen unhas instrucións para facer unha grúa da paz. E por último un póster onde se ilustran e explican os elementos representativos deste concepto de diferentes países, dende cores, ate bandeiras, plantas e paxaros.
Potencialidades educativas. Con este libro podemos traballar realmente este día de forma completa, é dicir, entendendo tanto o seu significado como os símbolos que se empregan este día. Ademais nos aporta unha actividade de papiroflexia que podemos levar a cabo na aula.
Autoría. Festeiras (Icía Domínguez González, Irene González Ibáñez e Laura Juanatey Martínez).
No hay comentarios:
Publicar un comentario