sábado, 28 de abril de 2018

O San Xoán

O San Xoán, da colección “Pimpín por aquí non vin” Ilustrado por Jacobo Fernández, deseñado graficamente por Desoños, Vigo: Editorial Galaxia 2009 (primeira edición, ao coidado de Francisco Castro) [14 páxinas] (ISBN: 978-84-9865-153-9)

Breve descrición do formato e contido: No paratextual é un libro tapa dura de dimensións 16x16 cm. É un libro-acordeón, nunha das caras se representa nunha única imaxe sen texto unha escena do San Xoán onde vemos o que se fai esa noite: bañarse no mar, botar fogos artificiais, saltar pequenas fogueiras, ver unha gran fogueira, comer sardiñas e chourizo, tocar a gaita, bailar, e facer a auga con herbas coa que lavar a cara ao día seguinte, que segundo a tradición popular, ten propiedades máxicas. Na outra cara do acordeón se atopa a portada (nun extremo) e no resto están debuxados cada un dos elementos co texto correspondente ao seu nome (exemplo: “imaxe de dunhas sardiñas” + as sardiñas) sobre fondos de cores vivas diferente e diferentes (cada unha das dobreces de esta cara do acordeón ten unha cor diferente). A portada recolle un anaco da imaxe que nos atopamos no interior (a que ocupa toda unha cara). Nesta segunda cara se atopa tamén (no outro extremo) un cadrado onde se recollen en dous terzos do espazo preguntas sobre o libro (para que busquen o que alí preguntan) e no terzo de abaixo a información do libro en canto a ilustrados, editorial, deseño,...

Potencialidades educativas: Permítenos traballar todos os aspectos de esta festividade ou tradición tal e como se celebra en Galicia. Tanto as lendas ou crencias de esta noite, como a parte máis festiva de comer a bailar. E unha forma de achegarse as nosas raíces e de coñecer máis as tradicións da nosa cultura.

Autoría. Festeiras (Icía Domínguez González, Irene González Ibáñez e Laura Juanatey Martínez).

No hay comentarios:

Publicar un comentario