viernes, 27 de abril de 2018

Kiwi, un paxaro máis ben raro






Isern, Susanna, Kiwi, un paxaro máis ben raro, ilust. Rebeca Luciani, trad. María Alonso Seisdedos, España: Edicións La Fragatina, col. “Lo Mullarero”, 2014, [32 pp.] (ISBN: 9788416226160).

Breve descrición do formato e contido. Kiwi, un paxaro máis ben raro preséntase como un álbum ilustrado de tamaño 26x24 cm de tapas duras. A cuberta é de cor azul con diferentes debuxos de flores en tons vivos como o laranxa, o amarelo e o fucsia, aparecendo no centro o protagonista, Kiwi. A contracuberta ten a mesma cor azul e aparece a sombra do protagonista do conto. O interior tamén está cheo de cores rechamantes e a letra que sostén a historia é branca. As ilustracións do interior seguen os mesmos cores que as da cuberta do conto, aparecendo o protagonista e os diferentes personaxes en cada páxina.
O encargado de transmitila é un narrador en terceira persoa, cuxa voz se combina coa dos diálogos entre os personaxes principais. Kiwi é un paxaro diferente aos demais que coñece no lugar onde vive. El é distinto, xa que só dorme, non lle gusta o sol… e o seu mellor amigo é un rato. Un día aparece o rumor de que é un paxaro, aínda que el non o sabe. Non é quen de voar e, malia que o intenta, fracasa. Todo o bosque é coñecedor disto, o que lles provoca unha gran satisfacción aos seus habitantes, porque o queren comer. Así Furón, Gato Bravo e Falcón tentan darlle caza, pero Kiwi, grazas ao seu olfacto e sagacidade, pode escapar. Ao final resulta que Kiwi é un paxaro tan temible como unha aguia, a pesar de que non é igual ao resto dos paxaros.

Potencialidades educativas. Este conto protagonizado por animais ensínanos a importancia de ser diferente e como os máis fráxiles incluso poden superar as súas propias expectativas e as dos demais. Kiwi non é como os demais paxaros e a súa diferenza líbrao da súa propia desaparición. Sen dúbida, Kiwi, un paxaro máis ben raro é unha mostra literaria e ilustrativa exquisita para mostrarlle ao alumnado o valor da diferenza e a necesidade de apreciar todo aquilo que nos rodea.

Recurso de interese.
Blog que fala do conto:
Vídeo sobre o conto:

EtiquetasÁlbum ilustrado, diversidade, autoestima, Kiwi, un paxaro máis ben raro, Susanna Isern e Supermaestras.

Autoría. Supermaestras (Carolina Lloret González, Marta Pérez Solla, Alejandra Rodríguez Cavallé, Malena Sánchez Gándara e Laura Vázquez Ramil).

No hay comentarios:

Publicar un comentario