miércoles, 18 de abril de 2018

Hércules e a casixa máxica de Ana María Matute


Arranza, Clara, Hércules e a caixa máxica de Ana María Matute, ilust. Higinia Garay, trad. Mª Isabel Carballo Rodríguez, A Coruña: Hércules Ediciones, col. “As amizades de Hércules”, 2013, 30 pp., (ISBN 978-84-92715-57-2).

Breve descrición do formato e contido da obra. Este libro infantil presenta na súa cuberta, de tapa branda, a nosa protagonista, a escritora Ana María Matute, xunto co coprotagonista da historia, Hércules, que viaxa a través do tempo. Na mesma podemos observar como o nome da protagonista resalta no título do libro, ademais de aparecer unha caixa e unha morea de fotos que simulan recordos dela. As imaxes figurativas interiores aparecen sobre un fondo branco, con pouca cor, o que fai resaltar aquilo relacionado co texto. A historia é narrada en terceira persoa e, dende a aparición da fantasía representada pola vitalidade que adquire o moneco da escritora, Gorogó, xunto con Hércules, dan un paseo pola súa vida tratando temas como a literatura infantil, os contos e a felicidade. O protagonista da colección de libros “As amizades de Hércules” é o mesmo Hércules que, aburrido no Olimpo, decide viaxar a través do tempo para coñecer mulleres e homes famosos que tiveron algunha repercusión importante na historia.

Potencialidades da obra. O libro permite acercar os nenos/as de maneira significativa á vida de Ana María Matute, ao mesmo tempo que anima a coñecer a escrita doutras mulleres que fixeron achegas relevantes á literatura infantil e xuvenil. Así mesmo permite abordar textos literarios destas autoras e mesmo cuestións relacionadas coa mitoloxía, a partir das alusións a Hércules e ao Olimpo.

Recursos de interese.
Novela sobre Ana María Matute:
Traballar coa literatura na clase:

Autoría:
Andrea García Revuelta
Helena Lemiña Gómez                      
Paula Rey Diz
                                   Mª Cristina Vidal Martínez

No hay comentarios:

Publicar un comentario