jueves, 3 de mayo de 2018

Heather has two mommies

Newman, Leslea, Heather has two momies, ilustr. Laura Cornell, USA: Candlewick Press, 2015, [32 pp.] (ISBN: 9780763666316).

Descrición de formato e contido. Na cuberta deste álbum de tapa dura aparece unha
nena agarrada das mans de dúas mulleres que, xunto co título Heather has two momies,
deixan entrever a temática desta historia. As gardas son páxinas en amarelo e dan unha
sensación positiva. As ilustracións ocupan as dúas páxinas e en cada unha delas aparece
unha pequena parte do texto. As súas cores son claras resaltando o amarelo sobre todas
as demais. Nesta historia está moi presente o número dous, xa que se intenta facer
parellas con todo, comezando co número de nais que ten a rapaza: Jane e Kate. Unha
delas é doutora e a outra carpinteira. Heather comeza as clases e ao resto de nenos e
nenas da clase parécelles raro que non teña pai, así que a profesora manda que cada
un/unha deles/as faga un debuxo da súa familia. Así comproban que todas as familias
son distintas e que, se non importa que teñan irmáns/irmás ou tíos/tías, por que ten que
importar que non teñan nai/pai?

Potencialidades educativas. Con este conto pódese traballar a diversidade que existe
respecto á composición das familias, de maneira que a nenez entenda que unha familia
con pai e nai non é a única posibilidade e que non ter pai ou nai, ou ter dúas nais ou
dous pais, non é raro. Tamén permite abordar a temática da homosexualidade, o
respecto… e, por estar escrita en inglés, sería unha excelente oportunidade para
aproximarse a esta lingua.

Recursos de interese.

Vídeo de lectura do libro:
https://www.youtube.com/watch?v=jHPELRbTINk

Etiquetas. Álbum, respecto, familias, homosexualidade.

Autoría. As escolmadoras (Melany Alonso, Sofía Bértolo, Carla Cabaleiro).

1 comentario:

  1. Best Casinos in New Jersey 2021 - MapyRO
    The first casino to launch in New Jersey has opened, the Borgata 군산 출장마사지 Hotel 파주 출장샵 Casino & Spa, 의정부 출장마사지 and the Parx Casino Resort. The Tropicana Hotel 제주 출장샵 Casino & 과천 출장마사지 Spa

    ResponderEliminar